Visitas

 

     

Individual

Programa Educativo

Visita

Familiar

 

 

 

Visita Individual

 

Para a visita individual se ofrece unha montaxe moi didáctica composta por unha ampla serie de paneis que conteñen textos, gráficos e láminas deseñadas para facer máis comprensibles os contidos e a temática do Museo. Complementando a montaxe o usuario ten a súa disposición información impresa ó comezo de cada bloque temático que recolle as características máis salientables de cada período do noso pasado máis antigo.

Tamén existe a disposición dos visitantes un Manual de Visitas, que poden solicitar na recepción do Museo onde, se recollen tódolos contidos da exposición nunha edición bilingüe.

Proximamente as visitas poderán utilizar un sistema Audioguías en varios idiomas, así como un Punto de Información informática sobre os contidos e actividades dos Museo.

 

 

    Horario:
 

Martes a Sábado:

11.00 - 13.30;

17.00 - 19.30.

Domingos Agosto:

11.00 - 13.30

Pechado:

Festivos.

 
 
   
 
 
Entrada:
  Gratuíta.
  Grupos previa cita (982-511-383).
  museo@museovilalba.org
     

Ý Arriba

 

 

 

Programa Educativo

 

A Temática cínguese á propia da exposición permanente do Museo, a Prehistoria e a Historia Antiga do Noroeste Peninsular, nela recóllese dunha forma didáctica a evolución das sociedades, das manifestacións artísticas e das tecnoloxías ó longo deste espacio temporal; ofrecendo un discurso lineal no que se recollen as características diferenciais de cada bloque temático, así como os elementos e tradicións perdurables.

 

Bloque 0. Introducción - Cronoloxía - Cambios climáticos e faunísticos - Arqueoloxía como ciencia

Bloque 1. Idade da Pedra Lascada - Hominización - Paleolítico - Epipaleolítico - Mesolítico

Bloque 2. Idade da Pedra Pulida - Neolítico - Megalitismo

Bloque 3. Idade de Bronce - Calcolítico - Idade do Bronce

Bloque 4. Idade de Ferro - Mundo Castrexo

Bloque 5. Época Romana - Hispania romana - Gallaecia romana

 

Transversalmente ofrécense contidos vinculados ás Ciencias da Natureza, como a presencia de faunas extintas que personifican os cambios climáticos e ambientais acontecidos no noso pasado, así como os diferentes medios de explotación e manipulación da paisaxe practicados polos nosos devanceiros. Deste xeito, mantendo bloques temáticos pódense abri-las portas a novas unidades didácticas en función de novos puntos de vista ou necesidades doutros usuarios.

Os Obxectivos Xerais do Programa Educativo céntranse en fomenta-la comprensión do presente descubrindo a importancia do pasado, interpretando os feitos e as distintas realidades, e establecendo diferentes relacións en funcións dos cambios acontecidos; analiza-la relación humana co medio ó longo do pasado; identificar e localizar no tempo e no espacio os procesos e acontecementos relevantes da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia; comprende-las diferencias e similitudes do noso Patrimonio Histórico con respecto á outros lugares de España, e asumi-la responsabilidade que supón a conservación do Patrimonio Histórico e a apreciación del como recurso para o enriquecemento individual e colectivo. Con estes obxectivos promoveranse Actitudes de interese, curiosidade e gusto por coñecer aspectos de épocas pasadas; valoración do progreso do ser humano como consecuencia da súa evolución histórica; valoración da relación da humanidade co medio ó longo do tempo, dende un procesos inicial de adaptación e respecto, ate procesos de transformación e destrucción; e respecto polo Patrimonio Histórico e valoración do mesmo como fonte de información sobre os nosos devanceiros, e como elemento configurador da nosa identidade.

Os Procedementos, ó igual cas aptitudes e obxectivos, teñen un tratamento específico segundo as diferentes Unidades Educativas, relacionados cos currículos específicos. Establecendo como procedementos xerais a visualización dunha presentación multimedia específica para cada unidade educativa atendendo ós seus contidos específicos, visita guiada á exposición permanente do Museo, e o traballo coas fichas da unidade correspondente. Este procedemento básico ten unha duración variable para cada unidade, oscilando entre os 60 e os 90 minutos .

 

     

 

As Unidades Educativas adaptase a cada nivel educativo e ás materias específicas, para un maior aproveitamento das actividades as unidades céntranse nuns ou noutros bloques con maior ou menor intensidade. Non se trata que repeti-lo mesmo discurso e temática en todas as unidades; nas primeiras unidades centrámonos nos aspectos xerais do Paleolítico, Neolítico e Mundo Castrexo, mentres que noutras atendemos de xeito máis intensivo no Mundo Castrexo e na Época Romana.

 

Unidade 1. Coñecemento do medio natural, social e cultural. Infantil / 1º Ciclo Primaria. Bloques: 0, 1, 2 e 4.

Unidade 2. Coñecemento do medio natural, social e cultural. 2º Ciclo Primaria. Bloques: 0, 1, 2 e 4.

Unidade 3. Coñecemento do medio natural, social e cultural. 3º Ciclo Primaria. Bloques: 0, 1, 2, 4 e 5.

Unidade 4. Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. 1º E.S.O. Bloques: 0, 1, 2, 3, 4 e 5.

Unidade 5. Cultura Clásica. 2º Ciclo E.S.O. Bloques: 0, 4 e 5.

Unidade 6. Historia. 2º B.A.C. Bloques: 0, 1, 2, 3 e 4.

Unidade 7. Historia da Arte. 2º B.A.C. Bloques: 0, 1, 2, 3 e 4.

Unidade 8. Linguas clásicas. B.A.C. Bloques: 0, 4 e 5.

Unidade 9. Filosofía. 1º B.A.C. Bloques: 0, 1, 2 ,3 ,4 e 5.

 

Existe un Manual do Profesorado que está concibido como un texto de axuda á preparación da visita de escolares ó Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, nel ofrécense ó persoal docente os contidos necesarios para poder contextualiza-los restos materiais presentes na exposición permanente; a temática abrangue dende a chegada da humanidade á nosa terra, ate a época da dominación romana. Seguindo coa filosofía da montaxe, en lugar de centrarse nos restos arqueolóxicos, préstase unha atención preferente ós modos de vida dos grupos humanos e a súa evolución; o obxectivo non é a visualización de pezas e obxectos, senón o coñecemento histórico destas xentes e o achegamento ós cambios e ás pervivencias que teñen lugar neste tan dilatado espacio de tempo. O Programa Educativo está formado por un corpo principal que agrupa unha presentación multimedia específica para cada unidade, a visita guiada e o traballo en sala coas fichas correspondentes. Tamén se poñen a disposición dos grupos escolares unha serie de obradoiros, rutas arqueolóxicas guiadas e outras actividades. Así, conxugando os procedementos que forman parte do programa, a estancia dos grupos pode oscilar entre unha hora e a xornada completa. As nove unidades deseñadas están relacionadas cos diferentes currículos das ensinanzas non universitarias, neste Manual os contidos seguen o esquema dos bloques da exposición. Os conceptos de cada bloque non están xerarquizados no texto para co persoal docente poda contar cunha ampla información para adaptala ás características de cada grupo, ó final dos bloques temáticos relaciónanse os conceptos particulares para cada unidade.

 

 

DESCARGAR BLOQUES DO MANUAL DO PROFESORADO

 

Bloque 0

Introducción

 

Bloque 3

Idade de Bronce

Bloque 1

Idade da Pedra Lascada

 

Bloque 4

Idade de Ferro

Bloque 2

Idade da Pedra Pulida

 

Bloque 5

Época Romana

 

Como Actividades Complementarias preséntanse unha serie de obradoiros, cunha duración de 90 minutos, unha ruta por xacementos do concello de 2,5 horas de duración e unha serie de fichas monográficas.

Os Obradoiros teñen como obxectivo cos escolares se podan achegar ó pasado por medio de xogos e traballos manuais; pese a ser actividades eminentemente prácticas, son acompañadas de explicacións para contextualizar cada acción:

 

Arqueoloxía en Acción Tecnoloxía Paleolítica
Debuxo Prehistórico Restauración Cerámica
Facer Cerámica O Paso do Tempo

 

    

         

 

A Ruta Arqueolóxica deseñada consiste nunha visita guiada a xacementos arqueolóxicos vilalbeses. Nela visitarase un abrigo do Paleolítico superior, dous túmulos con anta no interior, unha pedrafita (Pedrachantada de O Carrizo) e o Castro de Gondaisque.

 

Tamén se poñen á disposición do colectivo escolar unha serie de Fichas Monográficas para traballar durante a estancia no Museo. Nelas abórdanse con certa profundidade temas concretos nos que se poden integrar contidos de varios bloques temáticos, ou temas que pola súa transcendencia podan merecer unha atención especial. Estas son algunhas das dispoñibles:

 

O paso do tempo A caza Megalitismo A pedra lascada
A vivenda A moenda O celtismo A arqueoloxía
Galicia e as fontes clásicas Epigrafía romana Toponimia latina Relixión castrexa e romana
Prácticas funerarias A cerámica Linguas prerromanas A trastenda do museo
Sincretismo relixioso A herdanza romana Cuarteis romanos Os Castros

 

Este Programa Educativo non se dá por concluído coas actividades que hoxe o integran, mantendo este esquema, continuamente irá incorporando novos materiais, especialmente fichas monográficas e obradoiros, para contar cunha oferta máis completa e atractiva.

 

Ý Arriba

 

 

 

Visita Familiar

Proximamente estará dispoñible un programa onde as familias poderán realizar a visita ó Museo, actuandos os pais de guías dos fillos, para elo terán á súa disposición un caderno e as fichas correspondentes.

 

Ý Arriba

 

© Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Rúa Dr. Domingo Goas, 2, E-27800 Vilalba (Lugo).

Tlf.: (34) 982 5113 83; E-mail.: museo@museovilalba.org.

Resolución óptima 1024 X 768 . Actualizada 01/11/07.