Servicios

 

 

 

O Museo posúe unha serie de laboratorios destinados ó apoio das investigacións que leva a cabo, fundamentalmente baixo dúas liñas principais: O Estudio e Caracterización dos Primeiros Moradores de Galicia e a Reconstrucción Paleoambiental do Noroeste Peninsular. Contan co equipamento necesario para servir de apoio a escavacións arqueolóxicas, para cataloga-los fondos e para acometer distintas análises de sedimentos, polen, sementes, microscópicas, etc. O Museo tamén realiza análises para terceiras persoas.

 

Un dos laboratorios do museo

 

O tratamento de fondos, tanto administrativo, como preventivo e de restauración constitúen uns dos fins principais de calquera museo. Contamos cun completo sistema de tratamento informático das pezas e coleccións custodiadas, a meirande parte gardadas nun almacén de módulos compactos para reduci-lo espacio. A relación entre pezas expostas e pezas albergadas no Museo non chega ó 0,5 %. Os materiais están colocados no almacén segundo a orde de entrada e número de rexistro.

 

Almacén de fondos

 

Dentro do capítulo de actividades culturais, o Museo organiza diversos cursos e seminarios destinados tanto ó público en xeral como ó colectivo científico e profesional. Seminarios sobre os períodos e características da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia, e Cursos sobre museos, arqueoloxía experimental, e outros. Para o desenrolo destas actividades cóntase cun salón de actos dotado con sistemas de proxección convencional e multimedia.

 

Salón de actos

Ý Arriba

 

© Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Rúa Dr. Domingo Goas, 2, E-27800 Vilalba (Lugo).

Tlf.: (34) 982 5113 83; E-mail.: museo@museovilalba.org.

Resolución óptima 1024 X 768 . Actualizada 01/11/07.