|
Visitas
|
 |
Individual |
 |
Programa Educativo |
 |
Visita
Familiar |
Visita Individual
Para a visita individual ofrécese unha montaxe moi didáctica composta
por unha ampla serie de paneis que conteñen textos, gráficos e láminas
deseñadas para facer máis comprensibles os contidos e a temática do
Museo. Complementando a montaxe o usuario ten á súa disposición
información impresa ó comezo de cada bloque temático que recolle as
características máis salientables de cada período do noso pasado máis
antigo.
Tamén existe a disposición dos visitantes un
Manual de Visitas, que poden
solicitar na recepción do Museo, onde
se recollen
tódolos contidos da exposición nunha edición bilingüe.
Proximamente as visitas poderán utilizar un sistema de Audioguías
en varios idiomas, así como Puntos de Información
informática sobre os contidos e actividades do Museo.
 |
Horario: |
|
|
| |
Martes a Sábado: |
11.00 - 13.30;
17.00 - 19.30. |
| |
Domingos Agosto: |
11.00 - 13.30 |
| |
Pechado: |
Festivos. |
|
|
|
|
|
Entrada: |
|
|
| |
Gratuíta. |
| |
Grupos previa cita (982-511-383). |
| |
|
|
Outros: |
|
| |
Amplo Programa Educativo. |
| |
Material didáctico para Visita Familiar. |
| |
Acceso e servizos adaptados. |
| |
Patio de recreo para escolares. |
| |
U.T.M.: 29TPJ X607.486;
Y4.795.286 |
| |
43º 18' 07" N; 7º 40' 29" W |
Ý
Programa
Educativo
A Temática cínguese á propia da
exposición permanente do Museo, a Prehistoria e a Historia Antiga do Noroeste
Peninsular, nela recóllese dunha forma didáctica a evolución das sociedades, das
manifestacións artísticas e das tecnoloxías ó longo deste espacio temporal;
ofrecendo un discurso lineal no que se recollen as características diferenciais
de cada bloque temático, así como os elementos e tradicións perdurables.
Bloque 0. Introdución - Cronoloxía - Cambios
climáticos e faunísticos - Arqueoloxía como ciencia
Bloque 1. Idade da Pedra Lascada -
Hominización - Paleolítico - Epipaleolítico - Mesolítico
Bloque 2. Idade da Pedra Pulida - Neolítico -
Megalitismo
Bloque 3. Idade de Bronce - Calcolítico -
Idade do Bronce
Bloque 4. Idade de Ferro - Mundo Castrexo
Bloque 5. Época Romana - Hispania romana -
Gallaecia romana
Transversalmente ofrécense contidos
vinculados ás Ciencias da Natureza, como a presenza de faunas extintas que
personifican os cambios climáticos e ambientais acontecidos no noso pasado, así
como os diferentes medios de explotación e manipulación da paisaxe practicados
polos nosos devanceiros. Deste xeito, mantendo bloques temáticos pódense
abri-las portas a novas unidades didácticas en función de novos puntos de vista
ou necesidades doutros usuarios.
Os Obxectivos Xerais do Programa
Educativo céntranse en fomenta-la comprensión do presente descubrindo a
importancia do pasado, interpretando os feitos e as distintas realidades, e
establecendo diferentes relacións en función dos cambios acontecidos;
analiza-la relación humana co medio ó longo do pasado; identificar e localizar
no tempo e no espazo os procesos e acontecementos relevantes da Prehistoria e
Historia Antiga de Galicia; comprende-las diferenzas e similitudes do noso
Patrimonio Histórico con respecto
a outros lugares de España, e asumi-la
responsabilidade que supón a conservación do Patrimonio Histórico e a
apreciación del como recurso para o enriquecemento individual e colectivo. Con
estes obxectivos promoveranse Actitudes de interese, curiosidade e gusto
por coñecer aspectos de épocas pasadas; valoración do progreso do ser humano
como consecuencia da súa evolución histórica; valoración da relación da
humanidade co medio ó longo do tempo, dende un proceso inicial de adaptación e
respecto, ate procesos de transformación e destrución; e respecto polo
Patrimonio Histórico e valoración do mesmo como fonte de información sobre os
nosos devanceiros, e como elemento configurador da nosa identidade.
Os Procedementos, ó igual cas
aptitudes e obxectivos, teñen un tratamento específico segundo as diferentes
Unidades Educativas, relacionados cos currículos específicos. Establecendo como
procedementos xerais a visualización dunha presentación multimedia específica
para cada unidade educativa atendendo ós seus contidos específicos, visita
guiada á exposición permanente do Museo, e o traballo coas fichas da unidade
correspondente. Este procedemento básico ten unha duración variable para cada
unidade, oscilando entre os 60 e os 90 minutos .

As Unidades Educativas adáptanse a cada
nivel educativo e ás materias específicas. Para un maior aproveitamento das
actividades, as unidades céntranse
nuns ou noutros bloques con maior ou menor intensidade. Non se trata
de
repeti-lo mesmo discurso e temática en tódalas
unidades; nas primeiras unidades centrámonos nos aspectos xerais do Paleolítico,
Neolítico e Mundo Castrexo, mentres que noutras atendemos de xeito máis
intensivo no Mundo Castrexo e na Época Romana.
Unidade 1. Coñecemento do medio natural,
social e cultural. Infantil / 1º Ciclo Primaria. Bloques: 0, 1, 2 e 4.
Unidade 2. Coñecemento do medio natural,
social e cultural. 2º Ciclo Primaria. Bloques: 0, 1, 2 e 4.
Unidade 3. Coñecemento do medio natural,
social e cultural. 3º Ciclo Primaria. Bloques: 0, 1, 2, 4 e 5.
Unidade 4. Ciencias Sociais, Xeografía e
Historia. 1º E.S.O. Bloques: 0, 1, 2, 3, 4 e 5.
Unidade 5. Cultura Clásica. 2º Ciclo E.S.O.
Bloques: 0, 4 e 5.
Unidade 6. Historia. 2º B.A.C. Bloques: 0, 1,
2, 3 e 4.
Unidade 7. Historia da Arte. 2º B.A.C.
Bloques: 0, 1, 2, 3 e 4.
Unidade 8. Linguas clásicas. B.A.C. Bloques:
0, 4 e 5.
Unidade 9. Filosofía. 1º B.A.C. Bloques: 0,
1, 2 ,3 ,4 e 5.
Existe un Manual do Profesorado que
está concibido como un texto de axuda á preparación da visita de escolares ó
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, nel ofrécense ó persoal docente
os contidos necesarios para poder contextualiza-los restos materiais presentes
na exposición permanente; a temática abrangue dende a chegada da humanidade á
nosa terra, ate a época da dominación romana. Seguindo coa filosofía da montaxe,
en lugar de centrarse nos restos arqueolóxicos, préstase unha atención
preferente ós modos de vida dos grupos humanos e a súa evolución; o obxectivo
non é a visualización de pezas e obxectos, senón o coñecemento histórico destas
xentes e o achegamento ós cambios e ás pervivencias que teñen lugar neste tan
dilatado espazo de tempo. O Programa Educativo está formado por un corpo
principal que agrupa unha presentación multimedia específica para cada unidade,
a visita guiada e o traballo en sala coas fichas correspondentes. Tamén se poñen
a disposición dos grupos escolares unha serie de obradoiros, rutas arqueolóxicas
guiadas e outras actividades. Así, conxugando os procedementos que forman parte
do programa, a estancia dos grupos pode oscilar entre unha hora e a xornada
completa. As nove unidades deseñadas están relacionadas cos diferentes
currículos das ensinanzas non universitarias, neste Manual os contidos seguen o
esquema dos bloques da exposición. Os conceptos de cada bloque non están
xerarquizados no texto para
que o persoal docente poida contar cunha ampla
información para adaptala ás características de cada grupo, ó final dos bloques
temáticos relaciónanse os conceptos particulares para cada unidade.
Como Actividades Complementarias
preséntanse unha serie de obradoiros, cunha duración de 90 minutos, unha ruta
por xacementos do concello de 2,5 horas de duración e unha serie de fichas
monográficas.
Os Obradoiros teñen como obxectivo
que
os
escolares se poidan achegar ó pasado por medio de xogos e traballos manuais; pese
a ser actividades eminentemente prácticas, son acompañadas de explicacións para
contextualizar cada acción:
|
Arqueoloxía en
Acción |
Tecnoloxía
Paleolítica |
|
Debuxo
Prehistórico |
Restauración
Cerámica |
|
Facer Cerámica |
O Paso do Tempo
|


|
A Ruta Arqueolóxica deseñada consiste
nunha visita guiada a xacementos arqueolóxicos vilalbeses. Nela
visitarase un abrigo do Paleolítico superior, dous túmulos con anta
no interior, unha pedrafita (Pedrachantada de O Carrizo) e o Castro
de Gondaisque. |
 |
Tamén se poñen á disposición do colectivo
escolar unha serie de Fichas Monográficas para traballar durante a
estancia no Museo. Nelas abórdanse con certa profundidade temas concretos nos
que se poden integrar contidos de varios bloques temáticos, ou temas que pola
súa transcendencia poidan merecer unha atención especial. Estas son algunhas das
dispoñibles:
| O paso do tempo |
A caza |
Megalitismo |
A pedra lascada |
| A vivenda |
A moenda |
O celtismo |
A arqueoloxía |
| Galicia e as
fontes clásicas |
Epigrafía romana |
Toponimia latina |
Relixión castrexa
e romana |
| Prácticas
funerarias |
A cerámica |
Linguas
prerromanas |
A trastenda do
museo |
| Sincretismo
relixioso |
A herdanza romana |
Cuarteis romanos |
Os Castros |
Este Programa Educativo non se dá por concluído coas
actividades que hoxe o integran, mantendo este esquema, continuamente irá
incorporando novos materiais, especialmente fichas monográficas e obradoiros,
para contar cunha oferta máis completa e atractiva.
Ý
Visita
Familiar
Proximamente estará dispoñible un programa
onde as familias poderán realizar a visita ó Museo, actuando os pais de guías
dos fillos, para elo terán á súa disposición un caderno e as fichas
correspondentes.
Ý
|