EXPOSICIÓNSVISITASPUBLICACIÓNSANUNCIOS

InicioServizosActividadesRutasEnlacesAmigos MuseoTrámites

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actualizada:

31/07/2012

 

Resolución:

1024X768

 

Laboratorio de microscopía.

 

Investigación.

O Museo posúe unha serie de laboratorios destinados ó apoio das investigacións que leva a cabo, fundamentalmente baixo dúas liñas principais: O Estudo e Caracterización dos Primeiros Moradores de Galicia e a Reconstrucción Paleoambiental do Noroeste Peninsular. Contan co equipamento necesario para servir de apoio a escavacións arqueolóxicas, para catalogar os fondos e para acometer distintas análises de sedimentos, pole, sementes, microscópicas, etc. O Museo tamén realiza análises para terceiras persoas.

 

Laboratorio xeral.

Os investigadores que desexen estudiar fondos custodiados no Museo, deberán cumplimentar un formulario, indicando o motivo do traballo, a metodoloxía a empregar, as datas previstas de estancia, e outros datos de interese.

Aquelas persoas, ou entidades, interesados na reprodución gráfica, fotográfica ou por outros métodos, dos fondos do Museo, deberán cumplimentar o correspondente formulario. O Museo proporciona imaxes do seu arquivo fotográfico, e tamén realiza fotografías a petición de terceiros, limitando a reprodución externa de obxectos dos que se teña documentación gráfica no arquivo.

 

Catalogación.

O tratamento de fondos, tanto administrativo, como de restauración constitúen uns dos fins principais de calquera museo. Contamos cun completo sistema de tratamento informático das pezas e coleccións custodiadas, a meirande parte gardadas nun almacén de módulos compactos para reducilo espazo. A relación entre pezas expostas e pezas albergadas no Museo non chega ó 0,5 %. Os materiais están colocados no almacén segundo a orde de entrada e número de rexistro.

 

Almacén de fondos.

 

Salón de Actos.

Dentro do capítulo de actividades culturais, o Museo organiza diversos cursos e seminarios destinados tanto ó público en xeral como ó colectivo científico e profesional. Seminarios sobre os períodos e características da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia, e cursos sobre museos, arqueoloxía experimental, e outros. Para o desenvolvemento destas actividades cóntase cun salón de actos dotado con sistemas de proxección convencional e multimedia.

Salón de actos.

- Bloques Temáticos da Exposición Permanente -

IntroduciónI. da Pedra LascadaI. da Pedra PulidaIdade do BronceIdade do FerroÉpoca Romana