EXPOSICIÓNSVISITASPUBLICACIÓNSANUNCIOS

InicioServizosActividadesRutasEnlacesAmigos MuseoTrámites

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actualizada:

31/07/2012

 

Resolución:

1024X768

 

Fachada do Museo

Fachada do Museo.

 

 

HistoriaContidoSituaciónHorario

 

 

 

Historia.

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, tras dez anos de estadía na súa anterior sede, abre a actual sede no verán de 2002. Conta agora con 675 m2 construídos; a superficie da exposición permanente é de 155 m2, mentres que a destinada a exposicións temporais ocupa 25 m2, as áreas de exposicións e recepción de visitantes ocupan un terzo da superficie construída, moi de acordo cos módulos ideais de ocupación de servizos internos e áreas de visita.

A temática cínguese ó espazo cronolóxico que engloba a Prehistoria e a Historia Antiga, é dicir, dende o Paleolítico ata a Época Romana. Os materiais arqueolóxicos que acolle proveñen, principalmente, de depósitos particulares e das descubertas realizadas no transcurso de escavacións arqueolóxicas promovidas polo Museo e por outras entidades.

 

Planta da exposición permanente.

   

Vistas da exposición permanente.

   

Contido.

Na exposición permanente preséntase a mellor e máis completa colección da Idade da Pedra Lascada do noroeste peninsular: materiais procedentes de xacementos do Paleolítico inferior, Paleolítico superior, Epipaleolítico e Mesolítico. Destacando os restos da ocupación humana máis antiga de Galicia e o primeiro obxecto de arte da nosa terra.

Da Idade da Pedra Pulida expóñense materiais de diferentes xacementos neolíticos e de contextos megalíticos: cerámicas e útiles de pedra lascada e pulida; amosando restos dos escasos asentamentos coñecidos da época. Da Idade de Bronce exhíbense materiais metálicos e cerámicos, xunto cunha gravura: petroglifo. A Idade de Ferro, representada polo Fenómeno Castrexo, está personalizada por restos zoolóxicos e botánicos que serviron de alimento destas poboacións, xunto con vasillas cerámicas e outros elementos líticos e metálicos. Da Época Romana amósase cerámica, vidro, moedas, restos de ánforas, e materiais cerámicos de construción.

A filosofía da montaxe consiste en ofrecer ó visitante un percorrido pola Prehistoria e Historia Antiga; conxugando as explicacións dos restos materiais contidos nas vitrinas, coa presentación das informacións necesarias para poder comprendelos, non illadamente, senón dentro dos mecanismos sociais e económicos das xentes que os produciron, xunto con maquetas e módulos interactivos.

A presenza dun percorrido único e pechado vén motivada pola propia temática do Museo; os bloques están ordenados cronoloxicamente, partindo do máis antigo, ata o máis recente. A columna vertebral da Historia é a cronoloxía, non se poden explicar fenómenos históricos eludindo as datas nas que se produciron, polo tanto a ordenación dos contidos segue este eixe.

En cada bloque existe un panel de introdución cun esquema único para poder advertir, dun xeito visual, as diferenzas básicas entre os distintos períodos. A exposición permanente conclúe cunha síntese, onde se ofrece un resumo dos contidos e a posibilidade de cubrir un formulario para diagnostica-lo nivel de comprensión e formular aquelas dúbidas ou propostas que se consideren oportunas.

A información consta de tres niveis, o básico corresponde á guía de man que se subministra á entrada, complementada co cadro xeral. O nivel medio corresponde ós paneis introductorios de cada bloque expositivo, á información de man que existe ó carón de cada un deles, á parte gráfica dos paneis e á Guía Breve. Mentres que o nivel alto agrupa ós dous niveis anteriores xunto con tódolos textos e paneis expostos e coa Guía-Catálogo. Existe un Manual de Visitas, en edición bilingüe, que os visitantes poden utilizar para facer máis cómoda a súa estadía.

A exposición permanente complementa a súa información con exposicións temporais e un panel de temas trimestrais que vai mudando periodicamente.

                          

Situación.

 


Ver Sede Museo nun mapa máis grande.

 

Coordenadas.

U.T.M.: 29TPJ  X607.486; Y4.795.286

Xeográficas 43º 18' 07" N; 7º 40' 29" W

 

 

Horario.

Martes a Sábado: 11.00 - 13.30; 17.00 - 19.30.

Festivos Pechado.

 

Entrada.

Gratuíta. Grupos previa cita (982-511-383),

- Bloques Temáticos da Exposición Permanente -

IntroduciónI. da Pedra LascadaI. da Pedra PulidaIdade do BronceIdade do FerroÉpoca Romana