EXPOSICIÓNSVISITASPUBLICACIÓNSANUNCIOS

InicioServizosActividadesRutasEnlacesAmigos MuseoTrámites

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actualizada:

31/07/2012

 

Resolución:

1024X768

Materiais Expostos

 
 

Características xerais.

 

Os contactos coa cultura romana previos á dominación militar do noso territorio están documentados nos castros coa presenza de novos materiais e utensilios (ánforas, cerámicas, etc.). Non obstante, a conquista definitiva de Galicia non terá lugar ata o remate das guerras que os cántabros e astures libraron con Roma.

Galicia formaría entón parte do Imperio Romano, pero isto non significa a total romanización do territorio e das súas xentes. A meirande parte da poboación seguiu vivindo nos castros dun xeito moi semellante ó da etapa anterior. A pragmática aconsellaba, na medida do posible, acomodarse ás situacións anteriores para evitar fontes de conflito, deste xeito asimilaban ás deidades indíxenas ó seu culto.

 

Vivendas romanas.

Da man dos romanos xorden dous tipos de asentamentos, uns rurais (villae e vici) e outros urbanos (municipios e cidades); ámbolos dous poboados por grupos autóctonos asimilados á nova situación e por inmigrantes procedentes doutros lugares do imperio. Por outra banda os asentamentos castrexos coexistiron e sobreviviron ós xacementos rurais romanos.

Nesta época introdúcense profundos cambios, fundamentalmente na organización do territorio: construción de camiños, pontes, portos, faros, acueductos, etc. E a incorporación de novos materiais como o emprego de ladrillos na construción, a cerámica feita a molde, o vidro, as moedas, etc.

Material cerámico de construción.

      

Cerámica Terra Sigillata. Xeito de elaboración e formas principais.

A Dominación Romana.

A conquista definitiva do territorio da actual Galicia non se produciu ata o remate das Guerras Cántabras, aproximadamente uns douscentos anos despois de comeza-la conquista do litoral mediterráneo español.

 

Expedicións militares romanas.

Durante o percorrer das Guerras Lusitanas (139-137 a.C.): Roma contra os Lusitanos baixo o mando de Viriato, tivo lugar unha expedición militar de castigo comandada por Décimo Xuño Bruto, que penetrou en Galicia ata o río Limia e logo viaxou polo val do Miño ata o seu esteiro e dende aí retornou cara á Estremadura.

Anos máis tarde Xullo César (60-61 a.C.) fai unha expedición marítima, unha auténtica razzia, dende Cádiz ata Brigantium, nunha época que estaba ateigado de débedas. Con esta expedición acadou tanto un importante botín, como un gran prestixio que lle valería moito na súa carreira política.

No transcurso das Guerras Cántabras (29-19 a.C.), Astures e Cántabros contra Roma, Publio Carisio no 25 a.C. asenta unha base de operacións en Lugo dende a que vence ós Astures coa toma de Lancia (León).

Foron motivadas polos incesantes ataques de rapina que os pobos do norte da Meseta levaban contra os seus veciños do Sur xa romanizados.

 

Lexionario romano.

As Guerras Cántabras (29-19 a.C.), contra Astures e Cántabros, que na súa primeira fase foron dirixidas por Augusto, tiveron lugar principalmente en León, Palencia e Santander. De certo non sabemos se Galicia formou parte do teatro de operacións, aínda que serviu para os romanos de base de retagarda e de enlace coas tropas da área occidental da Lusitania.

A traxedia do Monte Medulio tivo lugar ó remate destas guerras, completándose deste xeito ó dominio militar romano da Península. A localización deste enclave é unha incógnita, pero o máis probable é que se localice en terras de León ou Palencia.

Co remate desta guerra entrouse nun período de paz no Imperio Romano, pechándose como xesto simbólico as portas do Templo de Xuño en Roma.

O cronista Plinio menciona 61 pobos indíxenas no noso país, o que pon de manifesto o elevado grao de fragmentación territorial existente cando chegaron os romanos. Esta fragmentación pervivíu en época romana, e despois desta dominación militar constituíu a dispersión poboacional e de entidades parroquiais típica da Galicia dos nosos días. Aspecto que non se debe explicar tan só pola fragmentación do espazo xeográfico galego, senón, tamén, pola súa riqueza natural que posibilita a autarquía económica, reducindo as dependencias alleas.

 

Conventus romanos do NW peninsular.

Materiais Expostos.

 

Vitrina-12: Contén fragmentos de cerámica Terra sigillata, vidro, moedas e outras cerámicas da época.

Vitrina-13: Amosa materiais cerámicos de construción, ladrillos de diferentes tipos, unha tubaría, e elementos para os tellados.

Entre as vitrinas exponse un ánfora.

 

.

Fragmentos decorados de Terra Sigillata

- Bloques Temáticos da Exposición Permanente -

IntroduciónI. da Pedra LascadaI. da Pedra PulidaIdade do BronceIdade do FerroÉpoca Romana