|
|
|
 |
Introdución |
 |
Idade da Pedra
Lascada |
 |
Idade da Pedra
Pulida |
|
|
|
 |
Idade do Bronce |
 |
Idade do Ferro |
 |
Época Romana |

Idade do Ferro
A Idade de Ferro comeza a partires do final
da Idade de Bronce e remata coa invasión romana. O seu desenvolvemento
en Galicia coincide co Fenómeno Cultural Castrexo. A difícil contextualización
do Fenómeno Castrexo dentro das culturas e épocas ó
través das que se estende obríganos a abordalo conxuntamente dentro deste
bloque.
O Fenómeno Castrexo recibe o seu nome por un
asentamento fortificado característico: o castro. Este adoita ter forma circular
ou elíptica, e as súas dimensións son moi variables. No
seu interior distribúense cabanas de forma circular, ovalada e rectangular, cun
urbanismo incipiente. Tradicionalmente adoitábase relaciona-lo Fenómeno Castrexo
cos Celtas, hoxe en día confírmase a súa xénese a partires da evolución do mundo
indíxena anterior e o contacto co resto das culturas europeas da época.
De xeito xeral a economía seguiríase baseando
na agricultura e a gandería, sen esquecerse da caza, da pesca, da recolleita e
da explotación de recursos mariños. Tamén existirían actividades mineiras, e se
potenciarían as comerciais. Aparentemente a sociedade castrexa tivo certo
carácter guerreiro, e daba gran importancia ás relacións
de parentesco tipo “clan”.

Formas cerámicas.
Na cultura material observamos un
grande pulo na cerámica e tamén no traballo dos metais, especialmente da
ourivería. Aínda así, seguiron facendo pezas en pedra.
Ý
Os
Castros
Os castros son poboados fortificados que afunden as súas
raíces na Idade do Bronce, se desenvolven
na Idade de Ferro, evolucionan na Época
Romana, e comezan a desocuparse na Época Xermánica. De tal xeito amosan unha
grande diferenza cronolóxica e cultural.

Interior dunha cabana.
A presenza destes xacementos fortificados parece implicar
unha sociedade onde o bélico ten gran importancia. Os autores clásicos
recalcaron a belicosidade dos pobos do noroeste como parte do seu discurso
denigratorio que xustificase a intervención de Roma para pacificalos
e
civilizalos. Non obstante,
parece que
as fortificacións obedecían a motivacións non
estrictamente defensivas: non parece que foran construídas contra os castros
veciños, nin contra os romanos.
É
máis,
séguense construíndo en época romana
cando non
existía risco algún de contenda. A súa explicación tense que buscar no
marco ideolóxico e simbólico.
Sendo innegable que estes elementos naceron cunha finalidade
defensiva, co paso do tempo, coa ausencia de perigos, séguense a construír cun
aspecto monumental para dar prestixio á sociedade que
as levanta, como símbolo da
riqueza e como identificación dun pobo a un territorio onde o castro é
un
elemento aglutinador da identidade social e territorial.

Sistema defensivo dun castro.
Os sistemas defensivos dos castros son moi diversos.
O
primeiro compoñente defensivo adoita se-lo propio emprazamento xeográfico,
lugares con boas condicións naturais para a defensa; poden contar con elementos
simples, ou múltiples; existindo casos nos que tan só existe un elemento
defensivo construído, e outros nos que están presentes tódolos elementos. Así
pois, do exterior dun castro cara ó seu interior podemos descubrir os seguintes
elementos: Pedras Fincadas, grandes labras fincadas na terra para evita-los
ataques da cabalería, abondan moito en xacementos fortificados da Meseta, dende
o punto de vista defensivo no noso país non teñen moito sentido, aínda que
existen bastantes exemplos, porque os cabalos eran moi escasos. Seguidamente
sitúanse os terrapléns e parapetos, acumulacións de terra para dificulta-lo
acceso ó núcleo poboacional, entre eles adoitan existir foxos secos, tanto
configurados pola sucesión dos parapetos, como froito de traballos de
escavación. O derradeiro tramo defensivo era unha muralla de pedra, coroada, ó
igual que algún parapeto, cunha estacada. As portas, como punto feble da
defensa, podían estar protexidas por torres laterais, maiormente a principal. A
entrada ó recinto non se facía de fronte, tíñase que rodear parte do sistema
defensivo para así ofrecer un flanco ó defensor; os propios foxos formaban parte
do sistema de acceso.

Guerreiro.
Ý
Materiais
Expostos
|
Vitrina-09: Contén
restos zoolóxicos e vexetais que foron utilizados como alimento nos castros;
tamén
se amosan outras especies vexetais comestibles que estaban ó alcance
destas sociedades. Dentro dos restos zoolóxicos cabe salienta-la presenza
de ovella/cabra, vaca,
porco e cabalo, xunto cun amplo abano de especies
mariñas como mexillóns, lapas, minchas, ourizo, etc. |
 |
|
Vitrina-10:
Amosa vasillas características deste período procedentes do Castro de Vixil,
Boizán (Vilalba). |
|
Vitrina-11:
Recolle diferente material procedente de varios castros galegos. Dentro dos
materiais metálicos destacan dúas fíbulas, un fragmento de torques, unha
folla dun puñal, un compás, etc; de pedra cóntase con dúas aixolas de pedra
pulida, un buril de pedra lascada, e varias pesas. |
|
A exposición
deste bloque complétase coa presenza de dúas maquetas, unha dun castro e
outra do detalle dun grupo de edificacións castrexas, xunto coa presenza dun muíño circular no que se pode experimentar co seu uso. |
Ý
|