|
|
|
 |
Introdución |
 |
Idade da Pedra
Lascada |
 |
Idade da Pedra
Pulida |
|
|
|
 |
Idade do Bronce |
 |
Idade do Ferro |
 |
Época Romana |

Idade do Bronce
Consideramos o comezo da Idade de Bronce cos
inicios da fundición do cobre, no Calcolítico, cultura que coincide coa expansión
dun tipo cerámico moi característico: a cerámica campaniforme. Non
obstante, a Idade de
Bronce propiamente dita, arrinca do Calcolítico e afunde as súas pegadas no
Fenómeno Castrexo.
As comunidades desta época practicaban unha
economía semellante á do Neolítico. A obtención dos metais necesarios para a
fabricación dos materiais (armas, xoias, aparellos de labranza...) existía
grazas á práctica dunha minería do cobre, estaño, chumbo, ouro e prata. Nesta
época ten un grande pulo a actividade comercial entre as diversas comunidades.
A sociedade e as formas culturais son cada
vez máis complexas e diversificadas. Os excedentes alimenticios, produto dunha
explotación do medio ambiente máis eficaz, permitiron o crecemento da poboación e
a súa progresiva especialización. Deste xeito documéntase a aparición de grupos
máis prestixiosos e poderosos -os guerreiros-, e o xurdimento de xefaturas que
controlan a vida da comunidade.

Guerreiro.
Así, os poboados vanse facendo permanentes e
tenden á fortificación. Os enterramentos individuais -cistas- van gañando
importancia fronte os grandes enterramentos de tradición megalítica. Nesta época
asistimos ó xurdimento dun tipo de arte, os petroglifos: gravuras
decorativas en pedra con motivos xeométricos e faunísticos.
Dos primeiros tempos da metalurxia datan as
evidencias máis antigas de poboados na nosa terra; isto non quere dicir que no
Neolítico non tiñan este tipo de asentamento, senón que nin por medio da
arqueoloxía, nin por achados casuais temos constancia deles. En termos moi
xerais, as ocupacións anteriores estaban cinguidas ás serras e penechairas, onde a
economía agro-pastoril, posiblemente máis pastoril que agrícola, se
complementaba coa caza e recolleita, para lentamente
ir intensificando a explotación
agrícola, dándose unha expansión cara ás terras baixas: chairas e vales.

Fundición dun machado.
Coñecemos asentamentos da primeira e da
derradeira fase desta época. Os primeiros, moi precarios, trátanse de poboados de carácter
temporal, feitos con materiais perecedoiros dos que se conservan as estructuras
pétreas das lumieiras e restos do que poderían ser vivendas (Lavapés, Cangas; O
Fixón, Hío; O Regueiriño e A Fontela, Moaña). Do Bronce final datan os primeiros
castros galegos (Penalba, Campolameiro; Torroso, Mos; O Neixón Pequeno, Boiro)
nos que se documentan abondosas testemuñas de metalurxia. Tradicionalmente
pensábase que as construcións dos castros máis antigos eran feitas de materiais
perecedoiros, e que a “petrificación” das vivendas non tería lugar ata o século III
a.C., hipótese desbotada na actualidade.
Polo demais, agás a introdución da metalurxia
e as novidades xurdidas ó seu carón, a vida cotián era moi semellante á do
Neolítico. Xunto á agricultura e gandería, a produción artesanal de ferramentas
e utensilios de pedra e madeira, a olería, a cestería, o tecido, a moenda, e
outras actividades domésticas escasamente se diferencian dos tempos anteriores.
Uns dos aspectos máis chamativos desta época son os gravados rupestres ó aire
libre, petroglifos, característicos da nosa terra e moi abondosos nas Rías
Baixas.

Formas cerámicas.
A Idade de Bronce en Galicia inscríbese
dentro dunha ampla corrente sociocultural da Europa Atlántica. A finais do III
milenio a.C. documéntanse as primeiras relacións de intercambio entre os
finisterres atlánticos. As semellanzas en gran parte dos elementos metálicos
atopados ó longo desta fachada atlántica poñen en evidencia a existencia dalgún
vencello. Por estas rutas circularían cobre e ouro galegos cara as terras do
Norte e estaño cara ó Mediterráneo. Ademais de canle comercial destas materias
primas e de bens de consumo e de prestixio, sería un fluxo de intercambio de
ideas. Na transición do II ó I milenio a.C., a nosa terra viviu un proceso de
intensificación económica motivada por unha maior productividade agraria acadada
grazas á introdución de novos cultivos e ó emprego dunha tecnoloxía agraria máis
axeitada. Nesta etapa ten lugar unha intensificación das relacións atlánticas e
co Mediterráneo.

Cista.
Ý
Materiais
Expostos
|
Vitrina-08: Contén fragmentos cerámicos de asentamentos
deste período, xunto cun machado e diversas réplicas de
materiais metálicos e cerámicos. |
 |
|
Ó
carón da vitrina anterior existe un petroglifo exento
atopado en Vilagondriz, Lanzós (Vilalba). |
|
|
Ý
|