|
A Asociación Cultural “Amigos do Museo de Vilalba” nace co obxectivo primordial de procurar unha sinerxía entre o museo e a cidadanía; facer partícipe á sociedade das actividades dos museos, e que a propia sociedade promova ó través desta asociación as actividades de extensión cultural do museo. Todo isto no seu aspecto máis dinámico e participativo, co único obxectivo de espallamento da nosa cultura. Os fins principais da asociación son:
- Apoiar e colaborar no funcionamento e actividades do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. - A defensa, difusión e conservación do Patrimonio Cultural en xeral e, especialmente, do patrimonio arqueolóxico de Galicia. - Desenvolver todo tipo de actividades dirixidas a satisface-las demandas e iniciativas culturais dos asociados, individualmente ou en colaboración con outros colectivos de similares fins.
Programa de Actividades 2008
1 Trimestre. - Viaxe pola Terra de Melide. Campamento Romano de Cidadela, Mosteiro de Sobrado, Museo de Terra de Melide e Anta de Forno dos Mouros. - Asemblea-Cocido.
2 Trimestre. - Concurso de Redacción. - Excursión ó Baixo Miño. - 2º Curso de Patrimonio Cultural e Museos da Terra Cha.
3 Trimestre. - Museo na Rúa. - Excursión Megalitismo Terra de Soneira.
4 Trimestre. - Excursión a Meira-Castro de Viladonga. - Excursión a Lugo.
O boletín de inscrición e os estatutos da asociación pódenos descargar pulsando os seguinte botóns:.
|
||||