Actividades

 

Dende o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba estanse a programar unha serie de actividades de dinamización cultural co obxectivo de achegarlle ós chairegos, no seu propio entorno social, exposicións, conferencias e audiovisuais que lles amosen e lles fagan comprender a importancia do seu pasado remoto como base da identidade cultural.

Para ser quen de acadar un axeitado desenvolvemento dos seus fins as institucións museísticas deben abri-las súas portas á sociedade, tanto para que o público participe nas diferentes actividades realizadas nos propios museos, como realizando actividades que ultrapasen os límites arquitectónicos do Museo. Isto materialízase nas publicacións que difunden o coñecemento da prehistoria e maila arqueoloxía alén deste marco arquitectónico, as visitas e excursións guiadas polo noso patrimonio e esta propia páxina web, mentres, pola outra banda organízanse exposicións temporais, cursos e seminarios e outras actividades.

Das actividades próximas a realizar dáse conta no apartado de Anuncios.

 

 

 

Ý