A Asociación Cultural “Amigos do Museo de Vilalba” nace co obxectivo primordial de procurar unha sinerxía entre o museo e a cidadanía; facer partícipe á sociedade das actividades dos museos, e ca propia sociedade promova ó través destas asociacións as actividades de extensión cultural do museo. Todo isto no seu aspecto máis dinámico e participativo, co único obxectivo de espallamento da nosa cultura.

O fins principais da asociacións son:

-  Apoiar e colaborar no funcionamento e actividades do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.

-  A defensa, difusión e conservación do Patrimonio Cultural en xeral e, especialmente, do patrimonio arqueolóxico de Galicia.

-  Desenvolver todo tipo de actividades dirixidas a satisface-las demandas e iniciativas culturais dos asociados, individualmente ou en colaboración con outros colectivos de similares fins.

 

Ý Arriba

 

Programa de Actividades 2007

 

1 Trimestre.

-  Viaxe ó Bierzo. Médulas, Castelo de Cornatel, Cacabelos e Mosteiro de Carracedo. 27 de xaneiro.

-  Visita Guiada ó Casco Histórico de Vilalba.

 

2 Trimestre.

-  Viaxe polas Terras de Andrade. Castelos e Mosteiros das Mariñas de Coruña.

-  Curso “Coñece o teu pasado”. Divulgación do patrimonio histórico.

-  Concurso de Redacción Infantil “Museos e Arqueoloxía”.

 

3 Trimestre.

-  Viaxe á Mariña Lucense. Catedral de Mondoñedo e San Martiño, Bispo Santo e Castro de Fazouro.

-  Viaxe pola Terra de Melide. Campamento romano de Cidadela, Mosteiro de Sobrado, Museo de Terra de Melide e Anta de Forno dos Mouros.

 

4 Trimestre.

-  Fallo Premio Investigación Arqueolóxica "José Ramil Soneira".

-  Viaxe a Viladonga-Meira-Bretoña. Museo do Castro de Viladonga, Mosteiro de Santa María de Meira, Fonmiñá e Bretoña.

 

 Outras actividades proxectadas.

-  Edición de Guía Interactiva de Patrimonio Chairego (Formato CD-DVD).

-  Instalación de paneis informativos sobe elementos paisaxísticos e de patrimonio cultural.

 

O boletín de inscrición e os estatutos da asociación ós podedes descargan pulsando os seguinte botóns:.

     

Incrición

   

Estatutos

 

Para calquera outra cuestión contacte connosco en amigos@museovilalba.org

 

 

Ý Arriba

 

© Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Rúa Dr. Domingo Goas, 2, E-27800 Vilalba (Lugo).

Tlf.: (34) 982 5113 83; E-mail.: museo@museovilalba.org.

Resolución óptima 1024 X 768 . Actualizada 01/11/07.