![]() |
|
|
Actividades
Dende o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba estanse a programar unha serie de actividades de dinamización cultural co obxectivo de achegarlle ós chairegos, no seu propio entorno social, exposicións, conferencias e audiovisuais que lles amosen e lles fagan comprender a importancia do seu pasado remoto como base da identidade cultural. Para ser quen de acadar un axeitado desenrolo do seus fins as institucións museísticas deben abri-las súas portas á sociedade, tanto para que o público participe nas diferentes actividades realizadas nos propios museos, como realizando actividades que ultrapasen os límites arquitectónicos do Museo. Isto materialízase nas publicacións que difunden o coñecemento da prehistoria e maila arqueoloxía alén deste marco arquitectónico, as visitas e excursións guiadas polo noso patrimonio e esta propia páxina web, mentres, pola outra banda organízanse exposicións temporais, cursos e seminarios e outras actividades. Das actividades próximas a realizar dase conta no apartado de Anuncios.
|
|
|
© Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Rúa Dr. Domingo Goas, 2, E-27800 Vilalba (Lugo). Tlf.: (34) 982 5113 83; E-mail.: museo@museovilalba.org. Resolución óptima 1024 X 768 . Actualizada 01/11/07. |
|