Inicio

 

     

Historia

Contido

Acceso

 

 

Ý Arriba

 

 

Historia

 

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba tras dez anos de estadía na súa anterior sede, abre a actual sede no verán de 2002. Conta agora con 675 m2 construídos; a superficie da exposición permanente é de 155 m2, mentres ca destinada a exposicións temporais ocupa 25 m2, as áreas de exposicións e recepción de visitantes ocupan un tercio da superficie construída, moi de acorde cos módulos ideais de ocupación de servicios internos e áreas de visita.

A temática cínguese ó espacio cronolóxico que engloba a Prehistoria e a Historia Antiga, é dicir, dende o Paleolítico ata a Época Romana. Os materiais arqueolóxicos que acolle proveñen, principalmente, de depósitos particulares e das descubertas realizadas no transcurso de escavacións arqueolóxicas promovidas polo Museo e por outras entidades.

 

Planta da exposición permanente

Ý Arriba

 

 

     

 

Contido

 

Na exposición permanente preséntase a mellor e máis completa colección da Idade da Pedra Lascada do noroeste peninsular: materiais procedentes de xacementos do Paleolítico inferior, Paleolítico superior, Epipaleolítico e Mesolítico. Destacando os restos da ocupación humana máis antiga de Galicia e o primeiro obxecto de arte da nosa terra.

Da Idade da Pedra Pulida, expóñense materiais de diferentes xacementos neolíticos e de contextos megalíticos: cerámicas e útiles de pedra lascada e pulida; amosando restos dos escasos asentamentos coñecidos da época. Da Idade de Bronce exhíbense materiais metálicos e cerámicos, xunto cunha gravura: petroglifo. A Idade de Ferro, representada polo Fenómeno Castrexo, está personalizada por restos zoolóxicos e botánicos que serviron de alimento destas poboacións, xunto con vasillas cerámicas e outros elementos líticos e metálicos. Da Época Romana amósase cerámica, vidro, moedas, restos de ánforas, e materiais cerámicos de construcción.

A filosofía da montaxe consiste en ofrecer ó visitante un percorrido pola Prehistoria e Historia Antiga; conxugando as explicacións dos restos materiais contidos nas vitrinas, coa presentación das informacións necesarias para poder comprende-los, non illadamente, senón dentro dos mecanismos sociais e económicos das xentes cos produciron, xunto con maquetas e módulos interactivos.

A presencia dun percorrido único e pechado ven motivada pola propia temática do Museo; os bloques están ordenados cronoloxicamente, partindo do máis antigo, ate o máis recente. A columna vertebral da Historia é a cronoloxía, non se poden explicar fenómenos históricos eludindo as datas nas que se produciron, polo tanto a ordenación dos contidos segue este eixe.

En cada bloque existe un panel de introducción cun esquema único para poder advertir, dun xeito visual, as diferencias básicas entre os distintos períodos. A exposición permanente conclúe cunha síntese, onde se ofrece un resumo dos contidos e a posibilidade de cubrir un formulario para diagnostica-lo nivel de comprensión e formular aquelas dúbidas ou propostas que se consideren oportunas.

A información consta de tres niveis, o básico corresponde á guía de man que se subministra á entrada, complementada co cadro xeral. O nivel medio corresponde ós paneis introductorios de cada bloque expositivo, á información de man que existe ó carón de cada un deles, a parte gráfica dos paneis e á Guía Breve. Mentres co nivel alto, agrupa os dous niveis anteriores xunto con tódolos textos e paneis expostos e ca Guía-Catálogo. Existe una Manual de Visitas, en edición bilingüe, cos visitantes poden utilizar para facer máis cómoda a súa estadía.

A exposición permanente complementa a súa información con exposicións temporais e un panel de temas trimestrais que vai mudando periodicamente.

 

Ý Arriba

 

 

 

Acceso

                                   

  Horario:    
   

Martes a Sábado:

11.00 - 13.30;

17.00 - 19.30.

   

Domingos Agosto:

11.00 - 13.30

   

Pechado:

Festivos.

       
  Entrada:    
    Gratuíta.
    Grupos previa cita (982-511-383).
     
  Outros:  
    Amplo Programa Educativo.
    Material didáctico para Visita Familiar.
       
       

 

Ý Arriba

 

© Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Rúa Dr. Domingo Goas, 2, E-27800 Vilalba (Lugo).

Tlf.: (34) 982 5113 83; E-mail.: museo@museovilalba.org.

Resolución óptima 1024 X 768 . Actualizada 01/11/07.